O grupo socialista recorda ao conselleiro que existe xa unha comisión de seguimento das obras da praza de abastos en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo socialista recorda ao conselleiro que existe xa unha comisión de seguimento das obras da praza de abastos en Ourense e que quen boicoteou este proxecto nos últimos anos foi Jácome, o alcalde que o PP apoiou

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

É máis difícil de entender que dende o PPdeG e dende a Xunta descoñezan da existencia desta comisión e veñan agora de salvadores, cando o grupo municipal do PP respaldou, a finais de 2023, unha moción nosa instando precisamente a reactivar esa comisión”sinalou a voceira do PSdeG, Natalia González

A única mediación que leva feito nos últimos anos o partido foi situar dúas veces na Alcaldía á persoa que bloqueou o proxecto integral da reforma perdendo unha subvención millonaria polo camino”, engadiu

O grupo municipal socialista –logo das declaracións realizadas polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, afirmando que a Xunta de Galicia ofrece o seu apoio para desbloquear a situación da Praza de Abastos número 1– lémbralle ao PP que a comisión que propuxo crear xa existe. “A única mediación que leva feito nos últimos anos foi situar dúas veces na Alcaldía á persoa que bloqueou o proxecto integral da reforma perdendo unha subvención millonaria polo camino”, sinalou a voceira do PSdeG no Concello de Ourense, Natalia González.

Nunha entrevista recente, o conselleiro sostivo que dende o executivo autonómico estaban dispostos a crear unha mesa de diálogo entre as partes implicadas ou “algún foro ou comisión de seguimento” para axudar aos praceiros e praceiras. Neste contexto, a tamén secretaria xeral do PSdeG na cidade incide: “É máis difícil de entender que dende o PPdeG e dende a Xunta descoñezan da existencia desta comisión, e veñan agora de salvadores, cando o grupo municipal do PP apoiou a finais de 2023 unha moción nosa instando precisamente a reactivar esa comisión”.

Concretamente, o segundo punto de acordo de dita iniciativa solicitaba instar ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome a convocar a comisión de seguimento das obras da Praza de Abastos número 1 para a “presentación dun cronograma completo de actuacións destinadas a reactivar a execución do proxecto: urbanización da controna do edificio histórico, elaboración do plan funcional para a futura distribución comercial, segunda fase do proxecto de remodelación integral do Rianxo e o seu arredor e construción dunha piscina termal nos baixos de dito edificio”.

Con todo, as e os socialistas si queren instar á Xunta de Galicia, trala disposición amosada polo conselleiro, a que “adquira un compromiso económico nos vindeiros orzamentos autonómicos de 2025” para a segunda fase da remodelación integral do Rianxo, ata o de agora paralizada dende o Concello de Ourense. “Convidarémolo tamén a que apoie as inciativas que proporá o grupo parlamentario do PSdeG ao respecto en próximas datas”, remata contundente a portavoz.