A axencia Offitravel presenta en Arnoia experiencias enogastrómicas na provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A empresa de viaxes e experiencias Offitravel presentou esta fin de semana en Arnoia un novo paquete turístico centrado en destacar os atractivos da provincia de Ourense. Esta iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Ourense e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico. A xornada estivo repleta de actividades variadas, como ruta por bicicleta eléctrica, almorzo, ruta no ecobarco e rematou cunha cata nunha paraxe envexable. Todas estas iniciativas teñen o obxectivo común de poñer en valor o potencial enoturístico das comarcas ourensáns.

Dende esta axencia prepararon esta primeira experiencia para as institucións, para dar a coñecer o potencial da súa oferta. Amosáronse emocionados das boas palabras que emitiron todos os que desfrutaron desta xornada. A súa promesa é ofrecer a gran riqueza deste territorio ao turismo, para que se namoren aínda máis del.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cada fin de semana, Offitravel pretende ofrecer unha cata dunha variedade diferente. Unha das mellores embaixadoras e enóloga, Cristina Murga, foi a encargada de guiala. Esta primeira experiencia contou con oito viños das catro denominacións de orixe da provincia, centrados na variedade do godello, todo un diamante por explotar.