A Deputación facilita a peregrinación desde Ourense polas cinco etapas da Vía da Prata con transporte de ida e volta e guía especializado

Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense) participa por videoconferencia coa Fundación Democracia e Goberno Local.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Do 26 de maio ao 23 de xuño, os peregrinos teñen a posibilidade de realizar este itinerario xacobeo en cinco domingos por etapas de aproximadamente 20 km

“Esta proposta está pensada para involucrar a propia poboación local para que coñezan mellor este itinerario, aínda que tamén está aberta á participación de outros visitantes”, explicou hoxe o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, na presentación desta iniciativa

Ourense, 13 de maio de 2024.

A Deputación de Ourense pon en marcha unha nova iniciativa para impulsar o itinerario xacobeo Camiño Mozárabe-Vía da Prata para “continuar con esa senda de crecemento de peregrinos que actualmente vén rexistrando”, sinalou o presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, na presentación desta iniciativa hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Trala boa acollida que tivo esta experiencia en Semana Santa, propoñemos unha nova acción de dinamización para facilitar aos potenciais usuarios a peregrinación neste itinerario xacobeo co obxectivo de revitalizalo”, explicou Rosendo Fernández.

Esta iniciativa está pensada, sobre todo, para “involucrar a propia poboación local para que coñezan mellor este itinerario, aínda que tamén está aberta á participación de outros visitantes”, sinalou o presidente do Inorde.

Deste modo, ponse en marcha un servizo de transporte para que realicen o Camiño cada domingo -do 26 de maio ao 23 de xuño- por etapas de aproximadamente 20 km cada unha, coa facilidade de que este autobús os levará ao punto de inicio da etapa e os recollerá ao remate para volver a traelos a Ourense. Disporán de tempo suficiente para desfrutar dos diferentes puntos de interese en cada etapa e coa garantía de obter a “Compostela” ao finalizar o itinerario.

Cinco etapas

Así, o primeiro domingo, o 26 de maio, realizarán a etapa Ourense – Cea (21 km) que inclúe unha visita a Oseira, o segundo domingo, 2 de xuño, será o traxecto Cea-Dozón- Puxallos, un percorrido de aproximadamente 22 km. A terceira etapa será o 9 de xuño e levará aos peregrinos desde Puxallos a Silleda (22km); no cuarto domingo, 16 de xuño, terá lugar a cuarta etapa que vai de Silleda a Vedra-Susana, sendo un percorrido de 23 ou de 30 km. E, por último, o 23 de xuño peregrinarán a quinta etapa de Susana a Santiago de Compostela, o tramo máis curto, de 10 km aproximadamente.

Ademais, contarán ao longo desta experiencia cun autobús de apoio a media etapa e cun guía especializado que lles axudará a descubrir o patrimonio cultural e natural da provincia a través deste camiño. Os interesados en realizar o Camiño xa poden inscribirse a través da páxina web www.conocegalicia.es por un prezo de 49 euros.

Como novidade tamén se pode realizar a inscrición por etapas, por un prezo de 15 euros. Xa está dispoñible a posibilidade de realizalo ao completo ou por etapas no mes de setembro, concretamente, do 15 de setembro ao 13 de outubro. En todo caso, as inscricións están abertas para que a xente poida organizarse e anotarse con tempo segundo a súa dispoñibilidade.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------