Inaugurar o tempo da Xustiza. Celebrando a Luísa Villalta

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Comunicado da A.C Avantar

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado mes de marzo realizamos na cidade da Coruña a homenaxe Inaugurar o tempo da Xustiza. Celebrando a Luísa Villalta centrada a quen este ano está dedicado o Día das Letras galegas.A emotividade do acto, así como a súa natureza, non outra que celebrar á nosa querida Luísa Villalta, levou a que a nosa entidade federada, a Sociedade Cultural Medulio, quixera reproducir en Ferrol a actividade.

Deste xeito, para o vindeiro méroceres día 15, ás 19.30 horas, na Capela do Centro Cultural do Torrente Ballester (rúa Concepción Arenal, s/n) de Ferrol organízase novamente, polo que vos trasladamos convite, se queredes participar, desta actividade.Do mesmo xeito, tamén achegamos as nosas publicacións nas redes sociais por se vos prace compartillar desde as vosas, así como a tarxeta que anuncia o acto: