O delegado territorial da Xunta participa na saída da ‘ribeira sacra cycling road’ en Luintra, concello de Nogueira de Ramuín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na saída da ‘Ribeira Sacra Cycling Road’ que se levou a cabo na Praza Maior de Luintra, en Nogueira de Ramuín.
Manuel Pardo sinalou que esta proba deportiva, que conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación a través do Inorde, levará aos participantes a percorrer as paraxes dos municipios de Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Parada de Sil, A Teixeira, Xunqueira de Espadanedo e Esgos.
Nesta cuarta edición participarán ao redor de 200 deportistas procedentes de catorce provincias de toda a xeografía española (Asturias, País Vasco, León, Madrid), así como tamén de Portugal, que poderán coñecer un dos lugares máis icónicos da provincia de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO