Malasombra Producións trae ao Carballiño a obra “Testosterona”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A compañía Malasombra Producións trae o sábado 18 de maio ao auditorio municipal a comedia “Testosterona”. O espectáculo enmárcase na Rede Galega de Teatros e Auditorios, e terá lugar ás 20.30 horas, cun custo por entrada de 5€.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 “Testosterona” fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ámbito nacional; cal dos dous será o elixido e por
que? A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.