Espazo Común critica a falla de planificación do Concello coa masiva chegada de cartas para o desbroce de fincas nun prazo imposible

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A DESIDIA DO ALCALDE E O SEU GOBERNO PROVOCA O CAOS COA MASIVA CHEGADA DE CARTAS PARA O DESBROCE DE FINCAS NUN PRAZO IMPOSIBLE

A improvisación e falla de planificación está a causar longas colas de xente no Concello demandando información e axuda.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

É de todo punto imposible que se limpen 9.000 fincas no prazo de quince días outorgado no apercibimento de sanción remitido polo alcalde.

Espazo Común levará unha moción ao vindeiro pleno para tentar que esta situación non se repita no futuro.

                                                                         O Carballiño,  16 de maio de 2024.

Unha vez máis, os veciños deste pobo teñen que padecer as consecuencias da falla de traballo e dun mínimo de planificación do goberno municipal encabezado polo alcalde Fumega.

Desta volta, as vítimas son os que soen ser máis esquecidos e abandoados polas políticas do PSOE local: os valentes que tentan aínda vivir ou ter vida no rural.

En días pasados, preto de 9.000 persoas con fincas nas parroquias veñen de recibir unha carta de difícil comprensión onde, basicamente, infórmase da obriga de limpar as súas propiedades nas franxas secundarias de protección de incendios. O que debera ser só un trámite para o cumprimento da lei, convírtese no Carballiño nun lío monumental con centos de cidadáns acudindo ao Concello na procura de información e axuda.

Na notificación, asinada polo propio alcalde, dáselles un prazo de 15 días para facer estes traballos coa ameaza de que, de non limpar, recibirán unha sanción económica. Na mesma non se facilita apenas máis información. Nin sobre a posibilidade de pedir unha ampliación dese prazo, nin un teléfono de contacto para asesorarse.

Esta repentina actuación, sen previo aviso de ningún tipo por parte das autoridades municipais, pon aos afectados nunha situación moi complexa. É materialmente imposible que se limpen 9.000 fincas en 15 días. Non hai profesionais nin empresas suficientes para facelo nin no triple de tempo.

Fumega tivo tempo de evitar esta anguria aos veciños convocando durante os pasados meses charlas informativas nas diferentes parroquias, planificando apoio administrativo e traballando só un chisco para non chegar a este punto.

Espazo Común levará ao vindeiro pleno do 30 de maio unha moción para tentar que o Concello mellore urxentemente as prestacións de axuda aos veciños afectados, para que se amplíen eses prazos de xeito racional e para que no futuro esta situación non se repita.