A unidade móbil do servizo de doazón de sangue está hoxe en Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A unidade móbil do servizo de doazón de sangue desprazouse hoxe ata a capital do Ribeiro, neste caso en xornada completa, dende as 10:00 horas ata as 14:15 e dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas, na súa ubicación fronte á capela da Virxe do Portal e diante dos Xardinillos. Dende a Axencia de Doazóns lembran a importancia de colaborar coa doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais. A estas unidades móbiles pode acudir calquera persoa, con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non teña unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pese máis de 50 quilos e non estea tomando medicamentos.