Expourense acollerá o día 30 unha nova edición do simposio sobre enerxías renovables

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Expourense organiza unha nova edición, e xa van 17, do seu Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables, que unha vez más estará centrado en analizar casos de éxito en Arquitectura Sostible e na presentación de innovacións nos sistemas de captación de enerxía. O evento celebraráse no recinto feiral o vindeiro xoves 30 de maio pola mañá, e contará coa participación de oito arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes en arquitectura sostible en España, Suecia e Suiza. Esta xornada está especialmente dirixida aos profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instalación, e tamén co obxectivo de orientar a promotores e constructores no uso de enerxías renovables coma vantaxe á hora de vender as suás promocións inmobiliarias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Esta actividade formativa foi presentada esta mañá en Expourense, nun acto no que participou a directora territorial da Consellería de Economía e Industria, Alicia López; o deputado de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación, José María Lago; o director de INGEO, Alfredo Fernández, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

A asistencia a este simposio é gratuíta, pero precisa de inscripción previa a través da web www.expourense.org. O evento está organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensana INGEO-Investigación Geotérmica e conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.