A Deputación e a Fundación Araguaney traen a Ourense unha mostra de cine que reflicte desde distintos puntos de vista a situación actual de Palestina co ciclo “Amal en Ruta

PRESENTACIÓN CICLO AMAL EN RUTA. O director da área de Cultura, Marcos Vázquez Guzmán, participa na rolda de prensa de presentación do ciclo Amal en Ruta. Tamén participan Ghaleb Jaber Martinez (Presidente da Fundación Araguaney), Ghaleb Jaber Ibrahim (Presicente de Honra da Fundación Araguaney) e Manuel Prececo Barbeito (Presidente do Cinecluble Pradre Feijoo - Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta nova edición desenvolverase do 29 de maio ao 4 de xuño e inclúe a proxección de tres ficcións e dous documentais ás 20.30 horas, con entradas a tres euros para o público en xeral e de balde para os asociados do Cineclube
A mostra, que conta coa colaboración do Cineclube Padre Feijóo, rende homenaxe ás vítimas dos últimos acontecementos vividos no mundo árabe, como o terremoto de Marrocos, as inundacións de Libia e a guerra contra o pobo palestino
Ourense, 23 de maio de 2024.
A Deputación de Ourense organiza, en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e a Semana de Cine Euroárabe AMAL, e coa coordinación do CineClube Padre Feijóo, unha nova edición do ciclo de cine “Amal en Ruta” que traerá a Ourense proxeccións que amosan, desde diferentes puntos de vista, a situación actual que está a vivir Palestina.
A presentación desta proposta cultural tivo lugar hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, acto no que participou o director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez; o presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas e director da Semana de Cine Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; e o presidente do Cineclube Padre Feijoo, Manuel Precedo Barbeito.
Marcos Vázquez dixo que para a Deputación de Ourense é un luxo “poder contar con este ciclo de “Amal en Ruta” para achegar ó público ourensán unha selección de filmes destacados de cine árabe fomentando ese intercambio cultural”.
Pola súa parte, Jaber Martínez reivindicou o cine como a “linguaxe máis universal para materializar emocións” e a súa capacidade para “trasladar ao espectador e de poñelo na pel dos outros”. Neste sentido, o presidente da Fundación Araguaney dixo que a proposta deste ano intenta “reflectir diferentes puntos de vista do mundo palestino a través dos seus directores e directoras, con propostas de ficción e documentais que abordan diferentes perspectivas das problemáticas que alí acontecen”.
Para Jaber Martínez, as proxeccións desta edición permitirán ao público “coñecer a realidade da vida cotiá dos palestinos sendo un factor clave para entender o que alí está a pasar, pero tamén porque é un piar fundamental para a liberdade dos ourensáns porque para ser libres precisamos información que nos permita analizar o mundo”.
Manuel Precedo dixo que están “moi agradecidos de que se utilice o CineClube Padre Feijóo para acoller esta iniciativa que encaixa cos obxectivos típicos dun cineclube que é abrir á diversidade das propostas fílmicas que se fan habitualmente e ter a oportunidade de ver filmes xordanos, sirios… que, en este caso, tratan todos a temática Palestina”.
Esta edición de “Amal en Ruta” desenvolverase baixo o lema “Ninguén está a salvo” para render homenaxe ás persoas falecidas na traxedia do terremoto de Marrocos, que sacudiu o país o pasado 8 de setembro con epicentro na cidade de Ighil; ao igual que sucedeu na cidade libia de Derna, onde a auga arrasou con todo ao seu paso, incluídas infinidade de vidas humanas. E un mes máis tarde, en outubro de 2023, Ghaleb Jaber Martínez lembrou que as bombas destruíron, e continúan facéndoo a día de hoxe, os soños “do sempre esquecido” pobo de Palestina.
“Ninguén está a salvo, todos estamos en perigo, independentemente do lugar do mundo no que naceramos, enfrontándonos a riscos como o cambio climático, os extremismos ou o capitalismo salvaxe”, sinalou Jaber Martínez.
Longrametraxes cun considerable recoñecemento nos principais festivais de cine internacionais
Amal en Ruta Ourense consta de tres ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade. Poderanse ver desde o mércores, 29 de maio, ao martes, 4 de xuño, na Casa da Cultura de Ourense (rúa do Concello, 11) ás 20.30 horas. As entradas terán un custo de 3 euros para o público en xeral, mentres que o acceso será de balde para as persoas asociadas ao Cineclube Padre Feijoo.
A primeira sesión será o mércores, 29 de maio, co documental “Mayor”; o xoves 30 de maio, proxectarase a ficción “Farha”; o venres 31 será a quenda da película “Gaza mon amour”; o luns, 3 de xuño, poderase ver a ficción “The reports on Sarah and Saleem”; e a última sesión será o martes, 4 de xuño, coa proxección do documental “Little Palestine, Diary of a Siege”, todas elas producións de gran recoñecemento en festivais cinematográficos internacionais.
Recepción ao presidente de honra da Fundación Araguaney
Previo á rolda de prensa, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu no Pazo Provincial ao presidente de honra da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Ghaleb Jaber Ibrahim, onde intercambiaron impresións sobre temas de actualidade do mundo árabe.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO