O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas, Carmen Rodríguez Dacosta e Lara Méndez López, a través do portavoz e ao abeiro do disposto nos artigos 160 e seguintes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 7ª.
A comarca da Limia, na provincia de Ourense, considerada o celeiro de
Galicia, a principal comarca produtora de pataca e base da provisión de
diversas IXP (indicacións xeográficas protexidas), está a sufrir as
consecuencias das chuvias das últimas semanas.
Tras un inverno no que os agricultores da zona apenas puideron sementar
debido á meteoroloxía, a choiva está a impedir tamén a sementeira de
primavera. Sen posibilidade de acceder sequera ás parcelas anegadas, o nivel
de preocupación entre os agricultores dunha zona moi dependente deste
cultivo é elevadísimo, tanto polas perdas económicas que a situación lles pode
supoñer neste ano como polas repercusións no que ten que ver coa PAC e a
posibilidade de cumprir cos requirimentos dos Eco-Reximes.
Os danos son evidentes, a perda do cereal de ciclo largo é practicamente total
e hai que sumar o atraso na sementeira do cereal de primavera, o que
diminuirá considerablemente o seu rendemento. Tamén hai incerteza na
implantación do cultivo da pataca, afectado pola imposibilidade de acceso ás
parcelas para á súa labranza.
Ante esta situación a organización, Unións Agrarias, ve necesario que a Xunta
de Galicia se implique para buscar solucións que palíen a nefasta campaña de
cereal da comarca da Limia. Neste caso as perdas previstas pola
excepcionalidade climática deste ano son elevadas e de gran importancia para
CSV: REXISTRO-3jdmbQ6WQ-8
Verificación:
https://sede.parlamentodegalicia.gal/tramites/csv/
Grupo
Parlamentario
Socialista
Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento galego
gp-socialista@parlamentodegalicia.gal / 981.55.15.30
28071 Madrid
@PSdeG
unha zona que, alén da pataca, ten no cultivo de cereal un piar fundamental
para a súa actividade agraria con máis de 10.300 hectáreas dedicadas á
plantación de cereais de gran, cultivos forraxeiros e leguminosas e uns
rendementos que, nun ano normal, oscilarían entre os 3.500 e 4.000 quilos de
produción por hectárea.
Por iso, este grupo parlamentario debido á excepcionalidade climática deste
ano, considera indispensable que a Xunta de Galicia realice unha valoración
técnica dos prexuízos económicos causados, así como tomar medidas para
compensar a ínfima colleita de cereal prevista para este ano na comarca da
Limia.
Con base no exposto, faise preciso propoñer a adopción do seguinte acordo:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que realice con urxencia
unha valoración técnica dos prexuízos económicos sufridos polos agricultores
da Limia na provincia de Ourense, en particular na produción de cereal, e
adopte, en consecuencia, as medidas fitosanitarias pertinentes e a aprobación
dunha liña de axudas directas que permitan compensar a caída da produción
provocada pola choiva esta campaña