O Concello leva case toda a lexislatura sen o servizo de obras, con baixas de persoal sen cubrir e co servizo de limpeza sen reforzar, a pesar de admitir o goberno que era necesario.
RIBEIRO EN COMÚN ten presentada esta petición para que o concello adopte medidas de maneira urxente, e reactive estas concellarías ben coa activación das listas de substitución, ben coa contratación de novo persoal.
Ribadavia, maio 2024.
O Concello non cubre nin as baixas laborais de dous operarios municipais de obras, nin reforza o servizo de limpeza viaria, que anunciara ía ampliar.
Ribeiro en Común ven de solicitalo nas pasadas comisións informativas, denunciando o incumprimento sistemático das labores básicas que sempre realizou o Concello con diferentes gobernos, non é de recibo que o PP na oposición fixera un milleiro de promesas e agora transcorrido un ano do seu goberno non sexa capaz de ofrecer nin o servizo de obras mínimo que sempre existiu.
– Obras. De tres operarios só un está traballando, os outros dous de baixa.A situación leva ao mal funcionamento dun servizo que en concellos coma o noso é fundamental, un servizo que na pasada lexislatura realizou numerosas obras de reparacións, mesmo coa rehabilitación dunha praza na zona monumental, ou a eliminación dos colectores soterrados fora de servizo que había na praza de abastos, e que hoxe é un espazo recuperado.
Todo isto está provocando moitas queixas veciñais e a incomprensión, como exemplo que a día de hoxe unha pedra descolocada sexa a escusa para manter pechado o Forno público do casco histórico desde que comezou a lexislatura.
A despreocupación do novo goberno lastra reparacións como estas, a realización de obras menores e o mal mantemento que se está a levar a cabo por parte do Concello na presente lexislatura.
Tamén supón un incremento do gasto, xa que por exemplo a retirada de colectores soterrados no pasado fíxose con persoal propio municipal, agora custará moito máis ao facerse de maneira externa adxudicándolle a obra a unha empresa privada.
Outro exemplo é que o espazo público da rúa dos Fornos, na zona monumental, continúe pechado despois de un ano. Tras requirimento do noso grupo, a xustificación é que unha pedra do muro desprendeuse fai un ano, desde entón o novo goberno non fixo un arranxo tan fácil e rápido.
– Servizos.
O actual grupo de goberno fixo moitas promesas na campaña electoral, sen embargo non só é incapaz de cumprilas agora, senón que ademais é incapaz de facer as mínimas labores de mantemento e coidado das rúas e dos espazos públicos e municipais.
Anunciou que ía estender o servizo de limpeza viaria a todas as parroquias e núcleos do municipio, sen embargo non só non se fixo senón que o centro urbano da vila está peor ca nunca, e a única responsabilidade é do goberno que continúa sen reforzar un servizo que necesita máis persoal.
Chegase tarde e mal as labores de rozas e desbroces, e o mesmo se pode dicir do coidado de plantas e flores ornamentais que se facía antes, chegase moi tarde. – Capacidade de contratación.
Tal e como confirma a Intervención Municipal, existe no concello suficiencia financeira para reforzar estes servizos. Polo tanto, non hai escusa para non cubrir as baixas laborais, tampouco hai escusa para non priorizar a contratación de novo persoal. Polo que é unha cuestión de prioridades do goberno local, que prefire destinar os recursos a outras cuestións.
Por todo isto, demandamos que o goberno reactive a concellaría de obras, e reforce o persoal de limpeza viaria.