Sumar Galicia arranca a súa campaña centrando a atención na cidadanía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Juan Díaz Villoslada, candidato ás vindeiras eleccións europeas, descubriu o cartaz nun acto no que estivo acompañado por Trinidad Palacios, portavoz de SUMAR A Coruña e Paulo Carlos López, portavoz de SUMAR Galicia, e que puxo a cidadanía no centro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Nun espazo asociativo de barrio, rodeado de compañeiros e compañeiras, e coa cidadanía como gran protagonista. Así comezaba oficialmente a campaña electoral Juan Díaz Villoslada, candidato de SUMAR Galicia ás eleccións europeas que se celebran o vindeiro 9 de xuño.

O acto, arrancou coa intervención de Trinidad Palacios, que comparte portavocía de SUMAR A Coruña co candidato, e que quixo facer fincapé na importancia do espazo elixido para o arranque de campaña, nun espazo asociativo e rexido pola propia veciñanza, o Forum Própolis, “Un espazo feito por e para a cidadanía, como as políticas que SUMAR ven pondo sobre a mesa dende o seu nacemento”.

A continuación tomou a palabra Paulo Carlos López, portavoz de SUMAR Galicia, que pediu a todas as persoas progresistas de Galicia para que voten a Sumar Galicia, “a todas as queren unha Europa solidaria, social e democrática, porque somos a organización que máis se parece a eles e elas”. Do mesmo xeito López recordou que “a Unión Europea e a súa xente precisan de que Sumar teña forza, moita forza, no próximo Parlamento”.

Pola súa banda, Juan Díaz Villoslada quixo afianzar a idea de que a cidadanía galega e as súas necesidades, presentes e futuras, estarán sempre no centro. “Traballaremos para que a cidadanía galega estea mellor conectada, con Europa, e entre nos mesmos, para que a nosa industria sexa próspera e competitiva, pero tamén sostible e garantía de futuro para o noso ecosistema, para que o noso agro e a nosa pesca sexan proxectos laborais frutíferos e recoñecidos. Traballar para que os galegos e as galegas teñamos un presente mellor, e un futuro garantido”, así explicaba Villoslada o proxecto de SUMAR Galicia no acto de comezo de campaña, que contou coa presenza de numerosos simpatizantes, e que marca o arranque dunha quincena de actos e encontros, “pensados para que todos e todas teñamos a voz que merecemos en Europa”.