Éxito na organización do II Encontro Novo Rural

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Casa Brues, en Boborás, acolleu este venres día 24, ás 19.30 horas, o II Encontro Novo Rural, organizado pola asociación Novo Rural, que reúne a propietarios de aloxamentos turísticos rurais das comarcas do Carballiño e O Ribeiro co fin de promover un turismo sostible, ecolóxico e de calidade.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O segundo evento anual de Novo Rural, unha asociación de aloxamentos turísticos rurais sen ánimo de lucro que traballa incansablemente nas comarcas do Carballiño e do
Ribeiro para dar a coñecer os pequenos pobos e enchelos de vida, integrando o
turismo no día a día sen perder a nosa identidade. Novo Rural promove a
conservación do patrimonio, poñendo en valor a natureza, os lugares singulares, a
gastronomía e a cultura galega.
Na súa intervención, os organizadores agradeceron a presenza de todos os
asistentes, especialmente daqueles que xa participaron no primeiro evento fai dous
anos. Para os novos participantes, explicaron que Novo Rural busca fomentar un
turismo sostible e ecolóxico a pequena escala, mellorar o sector turístico tanto en
materiais como en servizos de calidade, e proporcionar apoio mutuo entre os
profesionais do sector.


O evento destacou a importancia de traballar xuntos, especialmente nas estacións
de outono e inverno, e subliñou a necesidade de colaboración saudable con veciños
e asociacións que compartan os mesmos valores. Tamén se resaltou que Novo
Rural busca abarcar toda a zona do Xeodestino Carballiño-Ribeiro, que comprende
23 concellos e aproximadamente 150 establecementos turísticos.
A elección de Casa Brues como sede para este evento subliña o compromiso de
Novo Rural co desenvolvemento local. Os organizadores agradeceron ao alcalde de
San Amaro, Fernando, por apoiar o nacemento da asociación, e á alcaldesa de
Boborás, Patricia, por acoller este segundo encontro, e apoiar de maneira
significativa ao sector.
Finalmente, a intervención pechouse cun chamamento á reflexión sobre como cada
un pode contribuír a unha vida rural en condicións, invitando aos presentes a unirse
á loita por un futuro rural de calidade.
Agradecemos a todas as empresas privadas locais e nacionais que colaboraron co
evento, xa que doutro xeito, no tería sido posible.