O concello de Leiro adxudicou este mes a actuación de reforma da carpintería metálica das instalacións municipais ó completo. Este cambio súmase o tamén anunciado polo concello de Ribadavia coma unha actuación que permitirá a ambos reducir o custo enerxético cun novo sistema que gardará o calor sobre todo nos meses de inverno e tamén no verán para frear a entrada de calor.
PUBLICIDADE
----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase, no caso de Leiro, da primeira reforma deste tipo nos últimos 30 anos, polo que se fai necesaria. Estas actuacións prevese que estean finalizadas entre este mes e o mes de outubro.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















