Luís Seara, “Jácome xoga coa institución por puro interese persoal e para desviar a atención dos seus problemas xudiciais pois o Orzamento impórtalle entre cero e nada”
Ourense, 14 de maio de 2026. A suspensión do Pleno extraordinario convocado para o vindeiro luns día 18 de maio por parte do Alcalde para abordar a aprobación inicial do proxecto de Orzamento Xeral do Concello para o presente exercicio 2026 e ao mesmo tempo, a convocatoria dunha Comisión de Pleno para o día seguinte ás 08:30 horas da mañá é, para o Grupo municipal do BNG, “unha auténtica tomadura de pelo e falta de respecto”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O Portavoz da Formación nacionalista Luís Seara entende que o acontecido revela que “Pérez Jácome xoga coa institución por puro interese persoal pois os Orzamentos municipais impórtanlle entre cero e nada, o único que pretende é desviar a atención para que non se fale dos seus problemas xudiciais” e insiste, “o único que lle preocupa é o seu interese particular e electoral”.
Para Luís Seara “o Alcalde estalle faltando o respecto non soamente á Oposición senón tamén á veciñanza no seu conxunto ademais de banalizar ate ao extremo a institución”.
















