A Festa do Pan de Cea enxalza o seu produto celebrando 30 anos de tradición

Esta fin de semana, o pan de Cea foi o protagonista. Por unha banda, tivo lugar a 9ª Ruta dos fornos con propostas gastronómicas en sete deles, todos restaurados, e acompañados de música. Coma nas últimas edicións, a resposta cidadá foi moi boa, cargando pilas para o que sería o día grande.

A xornada grande, o domingo, contou co pregón da XXX Festa de Exaltación do Pan de Cea, que este ano correu a cargo do xornalista Marcial Mouzo, coñecido locutor da Radio Galega que dirixe as madrugadas da Radio Galega co seu programa “Pensando en ti”. Houbo degustación de produtos recoñecidos coa calidade galega, e xantar popular para 400 persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES