Avide denuncia falta de transparencia no acceso a documentación municipal por parte do alcalde de Beade.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a alcaldía de Beade non se está a cumprir a legalidade tanto no acceso á documentación como na propia convocatoria irregular dos Plenos.
Todo comezou cando desde a alcaldía non querían darlle copia das resolucións e facturas do goberno, quen pretendía que tivera só un acceso restrinxido as mesmas.
Ademais de non darlle copia, acaban de facer unha convocatoria irregular na que non se inclúen a dación de contas nin as resolucións de alcaldía, algo que é de obrigatorio cumprimento pola normativa.
Así, desde A VIDE denunciamos:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
  1. Que o Regulamento de Organización, Funcionamento, e Réxime Xurídico das
    Entidades Locais (ROF), recolle que os concelleiros non necesitan estar autorizado expresamente para obter a documentación, polo que os servizos administrativos locais están obrigados a facilitar o acceso á información, sen necesidade de autorización previ a polo Alcalde.
  2. En relación co libramento de copias, tamén o ROF, así como numerosa xurisprudencia, recolle
    que o dereito á obtención de copias é obrigatorio para os Plenos, resolucións de alcaldía e outros órganos colexiados.
    É dicir, no Plenos ordinarios por previsión legal dáse conta dos decretos de alcaldía ditados desde o último Pleno, ao formar parte da documentación do Pleno, en consecuencia os e as concelleiras teñen dereito a copia dos decretos de alcaldía.
    Algo que nos é negado por parte do alcalde de Beade.
  3. En consecuencia con todo o anterior, na propia convocatoria debe ir recollido un punto na orde
    do día sobre esta cuestión e a dación de contas.
    Polo que o alcalde está convocando os Plenos Ordinarios de maneira irregular e non axustándose á legalidade.
    Por todo isto, desde A VIDE demandamos unha rectificación por parte do alcalde, e unha maior
    transparencia e funcionamento democráticos, pedindo que deixe de obstaculizar a labor dos
    concelleiros da oposición.
    Grazas pola