A Agrupación Cultural Avantar, un ano máis organizou a “Foliada 2023” que tivo lugar este pasado sábado. O evento, que contou cun gran número de asistentes, movidos pola música tradicional e o bo ambiente, comezou no Bar O Pendello pasando logo pola bodega bar Paco, logo polo Caserio e rematando na Bodega de Flores.
Foron varios os grupos, procedentes de toda galicia, os que amenizaron esta xornada, entre eles, Os Tarabelos, de Saviñao. Foi a primeira vez que asistiron á Foliada, e coñeceron este evento grazas a outra iniciativa cultural do Carballiño como foron os Cantos de Taberna.