Punxín acomete melloras de acondicionamento nos camiños municipais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Punxín acaba de poñer en marcha unha serie de actuacións destinadas ao acondicionamento de camiños, tan necesario nalgúns puntos. O concelleiro de obras, Eladio Fernández, detallou algunhas das actuación, como a da pista que vai ata o Viñao e a de San Estevo ata Lamas. Nesta semana tamén adxudicaron outro tramo en Freás ata o límite co concello de San Amaro, que se executará nun prazo de tres meses.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De cara aos meses de agosto e setembro comezarán as zonas que restan para finalizar o acondicionamento da zona do Bañiño, cunha inversión de preto de 300.000 euros.   

Asegurou que faltan moitas cousas aínda por executar pero destacou que teñen a firme intención de chegar a todos os pobos.