Os diferentes clubes de lectura do IES Chamoso Lamas puxeron fin a este curso escolar facendo unha xornada didáctica fora das aulas, na Eira de Flores. Con esta actividade pretenden visibilizar os beneficios da lectura. Hoxe fixeron unha lectura musicalizada dos autores más senlleiros e de renome de Galicia, pasando tamén pola homenaxeada das Letras Galegas entre outros.
A música correu a cargo do músico carballiñés Alfonso Medela, ao que esta iniciativa parécelle marabillosa para facer unha maridaxe entre lectura e melodía. Encantado por repetir de novo en vindeiras ocasións.