Os maiores do Centro de día e as crianzas da Casa Niño fixeron a sementeira e plantación de distintas hortalizas en mesas elevadas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este martes, 28 de maio, tivemos en Lodoselo unha actividade que sempre marca o inicio de tempada na horta.

Os maiores do Centro de día e as crianzas da Casa Niño fixeron a sementeira e  plantación de distintas hortalizas en mesas elevadas. Estas mesas foron  deseñadas para crear un espazo accesible e cómodo que permite que persoas en cadeira de rodas ou con escasa mobilidade poidan participar activamente nesta actividade.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Estas mesas están no entorno da horta onde sementamos, este ano, nove variedades autóctonas da comarca da Limia (cebolas, garabullos, garavanzos, fabas raxadas, verza da horta, cabazos, millo, nabos e liño) coa intención de recoller as súas sementes para conservalas e compartilas coas persoas interesadas nelas. Porque no CDR tamén temos unha “biblioteca ou librería” de sementes como testemuña de que o pequeno é grande, xa que esa é a grandeza da semente: a abundancia do pequeno.

A horta convértese tamén nunha aula ó aire libre onde cada semente e cada planta nos trae unha aprendizaxe, non só de como cultivalas e coidalas, senón que tamén nos descobren a importancia da biodiversidade.

Os coñecementos adquiridos e as sementes conservadas aseguran que as futuras xeracións poidan gozar dunha agricultura rica, diversa, respectuosa co medio ambiente e arraigada na tradición.
Cando gardamos as sementes para volver botalas convertémonos en parte do ciclo da vida; o alimento forma parte do tecido da vida: somos cocreadores, coproductores ou como consumidores… traballando de acordo coas leis da naturezaEsta actividade realízase no marco do Proxecto para a recuperación, recolección e almacenaxe de sementes de variedades autóctonas da comarca da Limia financiado polo Ministerio para a transición ecolóxica e reto demográfico.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------