Domingo, 2 de maio ás 18.00 h no Auditorio:
REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS (RGTA)
Obra: QUIXOTE
Compañía: Pedras de Cartón
Clasificación: comedia
Público: infantil e familiar (a partir dos 4 anos)
Entrada: 3,50 €

SINOPSE
Segundo espectáculo de Pedras de cartón baseado nun texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico e en clave de clown, traballa as escenas
máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho.
Unha proposta chea de humor e case sen palabras na que Don Quixote viaxa polas terras
de Castela no seu velocípedo acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.
FICHA ARTÍSTICA
• Autor: Juan Rodríguez sobre o texto de
Miguel de Cervantes
• Dirección: Laura Sarasola
• Adaptación: Juan Rodríguez
• Escenografía: Juan Rodríguez
• Deseño son: Davide González
• Deseño iluminación: Dani Pais
• Vestiario: Diego Valeiras
• Música: Davide González
• Coreografía: Laura Sarasola
• Elenco artístico: Juan Rodríguez e Pablo Sánchez
TRAXECTORIA DA COMPAÑÍA
Pedras de cartón nace en 2019 na Coruña da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo teatro. Coa intención de adaptar os clásicos da literatura crean propostas para toda a familia cunha clara aposta por explorar novas linguaxes e estéticas e así promover o gusto das máis pequenas polas novelas clásicas. A compañía conta con profesionais cunha ampla traxectoria no teatro para a infancia e a xuventude, da man de Juan Rodríguez, socio fundador de Caramuxo Teatro.