Medio cento de maiores achegaron nun laboratorio de traballo organizado pola Deputación as súas ideas para combater a soidade non desexada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, visitou esta mañá a residencia de tempo libre do Carballiño, onde se deron cita durante dous días os usuarios de teleasistencia que participan nesta iniciativa 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Baixo o lema “TesOUros”, en alusión a “Teleasistencia” e a “Ourense”, as xornadas tentan dar resposta aos interrogantes sobre a soidade non desexada, para “definir con maior acerto as políticas necesarias para afrontar este tipo de situacións”, explicou Menor 

A Deputación de Ourense puxo en marcha, a través da área de Benestar, un laboratorio de traballo no que durante dous días participaron medio centenar de maiores para falar entre todos de como prever e combater a soidade non desexada, “unha das máximas preocupacións do goberno provincial”, asegurou o presidente provincial, Luis Menor, esta mañá na súa visita á Residencia de tempo libre do Carballiño onde se celebrou este primeiro encontro.  

Na visita á Residencia, o presidente provincial estivo acompañado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; pola deputada provincial de Políticas Sociais, Patricia Torres; e polo director da área de Benestar da Deputación, Jose Juan Cerdeira. 

Baixo o lema “TesOUros”, en alusión a “Teleasistencia” e a “Ourense”, o laboratorio pretendía dar resposta aos interrogantes que xera a soidade non desexada para que, en base as conclusións extraídas, “podamos definir con maior acerto as actuacións e iniciativas que temos que levar a cabo para axudar, como administración, a combatela”, explicaba Menor.  

Nestes dous días de traballo, os usuarios de teleasistencia analizaron a través de diferentes obradoiros, xunto aos técnicos da área de Benestar, cuestións de interese sobre a soidade non desexada. Cabe lembrar que a propia Organización Mundial da Saúde (OMS) a declarou como un problema de saúde pública debido aos efectos que ten sobre a saúde das persoas, tanto a nivel mental como físico. 

Programas pioneiros desde a Deputación 

Un dos principais servizos que presta a Deputación de Ourense a través da área de Benestar é, precisamente, o servizo de Teleasistencia, que durante 24 horas ao día os 7 días da semana permite atender ás persoas maiores que residen no seu fogar e que, por idade ou por calquera circunstancia vital, precisan un soporte telefónico permanente que lles dea seguridade e atención ante calquera emerxencia. Tamén permite facer un seguimento continuo de como pasan o seu día, tendo así a atención e afecto que precisan. 

Neste sentido, o presidente provincial lembrou que a Deputación está a levar a cabo iniciativas pioneiras como o programa de termalismo contra a soidade non desexada, “para reforzar ese apoio e compromiso cos nosos maiores”. Nesa procura de atopar novas medidas que contribúan a paliar estas situacións púxose en marcha este taller para coñecer e atender como viven e senten esta situación as persoas maiores.  

“Estou seguro de que compartir opinións, visións e experiencias sobre este tema que nos preocupa e nos ocupa nos permitirá avanzar nesas políticas necesarias a prol do benestar da nosa veciñanza”, asegurou o presidente provincial. 

Nos vindeiros días publicaranse as conclusións das diferentes mesas de traballo que se desenvolveron durante o laboratorio.