O 31º Campionato do Río Viñao rematou con comida e entrega de premios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Sociedade de pesca Río Viñao celebrou o domingo 2 de Xuño a útima xornada do seu 31º campionato fluvial, aberto aos socios rematando cun xantar de confraternidade na paraxe natural de San Bertolameu da Freixa, e no que se fará entrega dos trofeos e agasallos aos participantes. O colectivo, que xestiona un couto de 9 quilómetros nos municipios do Irixo e Boborás, ten un amplo historial á hora da promoción do deporte fluvial entre os máis cativos, organizando saídas ao río para os escolares, a fin de favorecer o relevo xeracional nunha contorna natural. Así, teñen prevista unha xornada de achegamento á pesca o vindeiro 17 de Setembro.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO