A Deputación ratifica a colaboración coa asociación Aspanas para contribuír á reforma e actualización das instalacións no centro situado en Velle

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, destacou o “labor tan importante que desempeñan de xeito maxistral coas persoas que máis e mellores coidados precisan”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O director do centro, Javier Rodríguez, agradeceu a cooperación da Deputación, “pois sen esa colaboración o noso proxecto sería inviable e temos que procurar a mellor calidade de vida dos nosos usuarios”

O presidente da deputación de Ourense, Luis Menor, ratificou hoxe o compromiso da institución provincial coa asociación Aspanas, á que felicitou polo “labor tan importante que desempeña de xeito maxistral coas persoas que máis e mellores coidados precisan”. Luis Menor fixo estas declaracións durante a visita que realizou ás instalacións da entidade situadas en Velle, acompañado polo director e a coordinadora do centro, Javier Rodríguez e Belén González.

Durante o percorrido polo centro, Luis Menor tivo ocasión de coñecer os diferentes talleres nos que traballan os internos, como reciclaxe creativo o artes plásticas, ademais de servizos como a lavendería.

Trala visita, Menor puxo en valor o traballo dunha entidade como Aspanas, á que a Deputación de Ourense destinará unha axuda de 60.000 euros para contribuír ás obras de reforma que se executan nas instalacións, en concreto á modernización de adaptación dos baños.

Pola súa banda, o director do centro de Aspanas, Javier Rodríguez, agradeceu expresamente á Deputación e ao seu presidente a cooperación activa coa asociación, “pois sen esa colaboración pública o noso proxecto sería inviable e temos que procurar a mellor calidade dos nosos usuarios”.