O CEIP Padre Feijóo de Allariz acolleu unha nova charla do programa “fga nas aulas de primaria”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O programa “FGA nas Aulas de Primaria”, que conta coa colaboración de Supermercados GADIS,  fixo a súa undécima parada do curso escolar na provincia de Ourense, concretamente no CEIP Padre Feijóo de Allariz, no que máis de medio cento de alumnos desfrutaron da visita de Roberto Piñeiro e o seu Renault Clio Sport.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Novamente, os máis pequenos da casa puideron aprender o que é o automobilismo de competición e recibir unhas pequenas nocións de seguridade, todo nun ambiente distendido e didáctico e que deixou momentos divertidos para todos.

Roberto Piñeiro, habitual do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes, falou dos seus comezos no mundo da competición e dalgunha anécdota nos seus máis de dez anos de experiencia nos rallyes, disciplina na que se atopa máis cómodo.

Como é habitual, logo do turno de preguntas dos escolares chegou o momento de coñecer os pormenores do concurso de debuxo que fará realidade o deseño que creen do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey.

Na recta final da actividade os alumnos desfrutaron do Renault Clio de Piñeiro, para rematar cunha foto de familia.