A Deputación colabora co Rally Ourense Recalvi que converterá “á nosa provincia na capital do automobilismo”, asegura Luis Menor

PRESENTACIÓN DO 57º RALLY OURENSE. O presidente provincial, Luis Menor, participa na presentación oficial do 57º Rally Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tamén participan Manuel Aviñó (Presidete da Real Federación Española de Automovilismo), Anibal Pereira Novoa (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense), Manuel Pardo (Delegado da Xunta en Ourense), entre outros.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na presentación da 57ª edición deste evento deportivo que se disputará os días 14 e 15 de xuño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Menor lembrou que esta colaboración co Rally é “histórica e enmárcase na política de promoción do deporte provincial que queremos levar a cabo desde o goberno provincial”

A Deputación de Ourense colabora coa 57ª edición do Rally Ourense Recalvi que converterá, unha vez máis, “á nosa provincia, na capital do automobilismo”, asegurou o presidente provincial, Luis Menor, esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na presentación desta proba que se disputará os días 14 e 15 de xuño. 

Na presentación estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o tenente de alcalde de Ourense, Aníbal Pereira; o presidente da Real Federación Española de Automovilismo e vicepresidente da Federación Internacional de Automovilismo, Manuel Aviñó; e o presidente da Escudaría Ourense, Jano Fraga, que detallaron os aspectos técnicos desta proba que contará con 14 tramos cronometrados nos que os pilotos percorrerán 159,48 km.

“Desde a Deputación, como un dos principais patrocinadores deste evento, amosamos o noso firme compromiso e apoio cunha das probas deportivas máis senlleiras que se celebran na nosa provincia”, salientou Luis Menor, quen lembrou que esta colaboración co Rally é “histórica e enmárcase na política de promoción do deporte provincial que queremos levar a cabo desde o goberno provincial”.

Neste sentido, o presidente da Deputación destacou o espazo que ocupa o automobilismo nese compromiso provincial co deporte “pola fonda pegada e arraigo que existe na nosa terra ao redor do mundo do motor”.

Así mesmo, Luis Menor puxo en valor o “importante impacto económico, turístico e promocional” que ten o Rally na provincia de Ourense, “berce do automobilismo galego”. Salientou o “gran traballo” de organización que realiza a Escudaría Ourense “para poder manter na tempo esta competición” con case 60 anos de historia, así como a axuda de  numerosos voluntarios que “fan posible que Ourense volva a ser un referente no mundo do motor”.