O BNG cualifica de “escándalo” o atraso nas obras do Centro de Discapacidade (CAPD) e pedirá explicacións no Parlamento galego

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

. A deputada do BNG por Ourense Noa Presas, avanzou que o Grupo Parlamentario nacionalista xa recibiu resposta ás iniciativas presentadas e nas que se pedían explicacións de por qué se incumpria o prazo de finalización das obras do CAPD de Ourense anunciado pola propia Xunta de Galiza e datado inicialmente en xaneiro de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na resposta dada polo Executivo galego, xustifícanse os atrasos na execución das obras “polo exceso de choivas”, cuestión que para o BNG “é un insulto á intelixencia porque todo mundo sabe que neste país chove e que polo tanto hai que contar con iso na proxección das obras”. Noa Presas acusa á Xunta de “mentir e incumprir cada dous por tres os prazos dun Centro que prometeu facer xa no ano 2016, é dicir, hai 8 anos”.

Para o BNG esta situación, sumada á información das familias de que a dirección de obra estima o prazo de finalización dos traballos en agosto deste ano, “é un escándalo e amosa a falta de xestión e de compromiso da Xunta con Ourense e co ámbito da discapacidade, pois mentres retrasan unha e outra vez a finalización dun Centro público que sí existe en Lugo, Pontevedra ou A Coruña, todos e todas vimos como a iniciativa privada abría Centros de discapacidade nestes anos”.

Presas lembra que “no 2022, cando as obras tiñan que ser unha realidade, levaban seis meses paralizadas até que o Goberno galego recoñeceu en sede parlamentaria ante o BNG ter a situación bloqueada polo impacto da crise de prezos. Despois da insistencia das familias houbo un novo proceso de contratación e unha nova promesa para xaneiro de 2024.”

No BNG insisten no seu “compromiso a favor dunha xestión pública e directa para evitar privatizacións como a do Centro de menores de Montealegre, que despois de estar pechado varios anos para ser reformado con recursos públicos, pasou da xestión pública e directa á privada”.

Por estes motivos, Noa Presas adianta que, “desde o BNG trasladaremos de novo ao Parlamento Galego iniciativas en dous sentidos. Esixir á Xunta acelerar os prazos de finalización do Centro e comprometer que o modelo de xestión será público e directo, que se vai facer a provisión de persoal nos próximos orzamentos e que se vai contar coas familias na planificación do proxecto educativo e de intervención”.