A unidade móbil do servizo de doazón de sangue estará este vindeiro mércores no Ribeiro. Neste caso, dende as 16:00 horas ata as 18:00 horas estarán diante do Bar Pisco, en Beade. Despois desprazarase ata o concello de Leiro, na praza ao carón da igrexa, dende as 18:30 horas ata as 21:00 horas.
Lembramos a importancia de colaborar coa doazón de sangue para manter as reservas dos hospitais.
Recordamos que pode acudir calquera persoa, con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non teña unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pese máis de 50 quilos e non estea tomando medicamentos.