Cine Club proxecta mañá a película tunecina “Prometido el cielo” no Auditorio do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño pecha mañá, venres día 30, a programación do mes de de outubro cunha das súas directoras favoritas, a tunecina Erige Sehiri, e a súa última película, “Prometido el cielo”. Marie, pastora costamarfileña e antiga xornalista, vive en Tunisia dende hai 10 anos. A súa casa convértese nun refuxio para Naney, unha nai moi nova que procura un futuro mellor, e Jolie, unha estudante de gran carácter que carga coas esperanzas da súa familia.

A chegada dunha nena orfa desafía o seu sentido da solidariedade nun clima social tenso, revelando tanto a súa fraxilidade como a súa fortaleza. O filme acodou numerosos recoñecementos en diferentes festivais por todo o mundo, e unhas mágníficas críticas.

Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------