O Instituto de Estudios Carballiñeses (IEC) acaba de presentar no concello do Carballiño unha solicitude á alcaldía na procura de buscar solución ao deterioro das pinturas da igrexa de Santa Baia de Banga, pinturas únicas e inigualables en toda Galicia. Acompañouse a solicitude co informe e co aval técnico e artístico de D. José Manuel García Iglesias, catedrático emérito da Universidade de Santiago (USC) de Historia da Arte, de D. Rafael Otero, licenciado en Xeografía e Historia da Arte de Galicia, e coa petición e memoria de D. Manuel Martínez Araujo, cura párroco de Santa Baia de Banga. Esperamos que a reparación e recuperación dunhas pinturas que son auténticas xoias do noso patrimonio artístico luzan con todo o seu esplendor o antes posible.




José Manuel García Iglesias facia a presentación do libro ” Santa Baia de Banga ” na propia igrexa no mes de xuño de 2016
Ao longo de máis de cen páxinas o autor vai analizando este importante templo ourensán, acompañado das fotografías de Mani Moretón. En primeiro lugar centra o monumento no seu territorio, a súa dependencia da diocese na súa orixe, para pasar tempo despois a depender do mosteiro de Sobrado dos Monxes.