A corporación reúnese o mércores día 19 en pleno extraordinario solicitado por Espazo Común

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación do concello do Carballiño reunirase a vindeira semana en dúas sesións plenarias. Unha delas ordinaria, cunha modificación de crédito e mocións da oposición. A outra sesión será extraordinaria, a petición do grupo municipal de Espazo Común.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A formación quere valorar a situación deste primeiro ano de mandato socialista, cuxa valoración é negativa. Pedirán tamén un gran acordo para propiciar un cambio político no Carballiño sendo 11 concelleiros os que forman a oposición. Piden amplitude de miras e falar deixando atrás as cores políticas.

Para o alcalde, Francisco Fumega, a situación non é tan mala como aseguran. Recordou que se están levando a cabo proxectos que farán crecer ao Carballiño, como o futuro polígono empresarial ou o novo centro de saúde, entre outros. Aínda así, destaca que queda moito traballo por facer.