O Partido Popular pedirá en pleno actuacións para potenciar o termalismo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular do Carballiño presenta para o seu debate a semana próxima unha moción relacionada co termalismo. Afirman que neste municipio atopamos dous balnearios con augas termais que merecen mención ( o Gran Balneario e Caldas de Partovia) e varias zonas de augas mineiro mediciñais como o Bañiño de Arcos  e zonas de augas sen rexistrar como é na zona do Restaurante o Xardín ou cerca da pasarela de madeira de Toscaña.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A implicación do Concello no desenvolvemento termal de Carballiño debe ser importante. Por iso, solicitan a creación dunhas pozas nas marxes do rio Arenteiro, buscando a súa mellor localización. Tamén urxen solicitar á Xunta o Centro de Termalismo de Galicia para Carballiño e traballar polo desenvolvemento Termal, de gran importancia turística e económica.