O municipio de Ribadavia acolle este vindeiro sábado a segunda edición de “RapDavia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O municipio de Ribadavia acolle este vindeiro sábado a segunda edición de “RapDavia”. Unha actividade de carácter interxeracional pensada para que toda a comunidade do Ribeiro colabore, conxuntamente, no coidado da súa contorna e os barrios.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

É un gran Obradoiro que busca nexos de unión e o público que asista terá a posibilidade non só de escoitar música urbana en directo de ACHE, O Pirata, El Macius ou Kalibass senón tamén, de presenciar a creación de graffitis en tempo real.

Haberá actividades artísticas e medioambientais para Infancia e Xuventude así coma unha Batalla de Galos. Unirán rap e graffiti como dúas das expresións máis populares da arte urbana hoxe en día, con artistas ourensáns e locais nunha xornada para todos os públicos. Ademais humanizarán e recuperarán o parque anexo a estación de Autobuses de Ribadavia.

A actividade será gratuíta, este vindeiro sábado desde as 10:30 ás 15:00 horas.