O Carballiño segue a tendencia á baixa, con oito casos activos menos de covid-19 na xornada de hoxe

A comarca baixa hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 93, pola baixada que se produciu no Carballiño e en menor medida noutros concellos.

Publicidade

Nesta vila, hoxe os datos baixan e o fan ata os 93, nove casos activos menos. Esta é a baixada máis notable dos últimos días. Se nos fixamos nos novos contaxios producidos nos últimos 14 días, a cifra mantense con respecto a onte nos 100 (=).

O seguinte concello da comarca con mais casos é o de Maside, que baixa hoxe dos 23 ós 22 contaxiados. San Cristovo de Cea baixa un caso, ata os 16 contaxios. E despois Boborás, que sobe hoxe un caso ata os 12 activos.

Punxín mantén 8 casos activos de onte. San Amaro conta hoxe con dous casos. Piñor pasou de estar libre de coronavirus a contar hoxe cun caso activo. Beariz e O Irixo, manteñense libres de coronavirus.