Este venres 14 e sábado 15 de xuño, Carballiño CCA organiza unha edición especial dos “DÍAS LOCOS”. Os 33 comercios participantes ofrecerán importantes descontos durante todas as xornadas do venres e sábado e estarán sinalizados cunha decoración especial para a ocasión.
Os clientes que realicen as súas compras durante os DÍAS LOCOS terán a posibilidade de participar no sorteo de 200€ en vales de compra, repartidos en 4 vales de 50€ cada un deles.
Haberá animación de rúa con toro mecánico, zancudos e co grupo de baile moderno do Centro Sociocomunitario de O Carballiño.