O Club Patinaxe Aehde foi profeta no Carballiño e fíxose con triunfo nas dúas categorías nas que participaba no trofeo Terras de Orcellón de patinaxe artística na modalidade de grupos show.
O grupo de iniciación e o grupo pequeno promocional, este ca mellor puntuación do trofeo, fixéronse con triunfo nun concorrido evento.
E para a xornada do domingo, unha cita moi especial tamén. O pavillón Paco Chao acolleu a gala de fin de curso das escolas do club Aehde. Unha cita na que amosaron todo a aprendido durante os últimos meses a familia e amigos e que pecha un ano de traballo e esforzo.