O grupo de teatro Tiruleque presentou unha nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador 2024

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo de teatro Tiruleque presentou unha nova edición do Circuíto Galego de Teatro Amador 2024, como organizador desta actividade senlleira. O seu presidente, Pepe Prada, estivo hoxe acompañado por outros membros que forman parte deste grupo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A programación contará este sábado día 22 con Max Teatro, coa obra “Encarcelados” e o domingo día 23 con Atrezo Teatro, con tres microrelatos. E seguirán a vindeira fin de semana con moito máis. Todas as representacións serán ás 20:00 horas no auditorio Manuel María.

O concelleiro de cultura, Diego Fernández, destacou a importancia do teatro na programación cultural do Carballiño, e a súa aportación e a forza que está collendo nos últimos meses.