A corporación reuniuse hoxe nunha sesión extraordinaria a petición de Espazo Común. A moción de reprobación deste grupo mudou a un debate sobre o transfondo do pacto asinado na xornada de onte entre o PSOE e o PP. Ambos grupos ratificaron que o obxectivo era precisamente desbloquear esta situación de parálise ao ter un goberno en minoría. O acordo permitirá dous anos máis de goberno socialista e un último de goberno popular, rotando a tenencia de alcaldía e coordinando as concellerías.
Espazo Común amosou o seu rexeitamento alegando que era o propio PP quen reprobaba esta situación fai apenas uns meses. Recrimina que esta decisión asegurando que non é un interese local se non que son decisións de partido a nivel provincial. A formación pide ao PSOE que volva atrás, que dimita e que busque un acordo de centro esquerda.