O Grupo Socialista leva ao parlamento unha iniciativa coas demandas dos veciños e veciñas para cubrir as prazas de pediatra no centro de saúde do Barco de Valdeorras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas, Carmen Rodríguez Dacosta, Elena Espinosa Mangana e Silvia
Longueira Castro, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160
do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


Ata o mes de xuño de 2022 o Centro de Saúde do Barco de Valdeorras
contaba con dúas consultas de Pediatría, ocupadas por sendos pediatras.
Levaba xa anos con esa dotación. Ese mesmo ano unha pediatra xubílase.
Desde entón unha médica de familia con formación de puericultora ocupou a
praza da pediatra xubilada polo que o servizo e a atención aos usuarios non
era óptima, pero tendo en conta que moitas consultas son de revisións
periódicas de nenos e nenas non enfermas, había unha certa normalidade.


O 11 de maio de 2023 (DOG do 25 de maio) o Sergas, publica a convocatoria
dun proceso selectivo polo sistema de concurso, para o acceso á condición de
persoal estatutario fixo da categoría de pediatría de atención primaria.


Ante esta convocatoria, a médica de familia que atendía na consulta de
pediatría, a comezos de 2024, abandona a praza e trasládase á localidade
veciña de Sobradelo, onde exerce de médica de familia. Desde esas datas, só
unha consulta está en funcionamento.


No DOG do 18 de marzo de 2024 publícase a resolución do 29 de febreiro de
2024 da Dirección Xeral de Recursos Humanos polo que se nomea persoal fixo
e a adxudicación definitiva dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo
da Resolución do 11 de maio de 2023. Para o Centro de Saúde do Barco
adxudícase unha praza de pediatría, pero o pediatra renuncia e non se
incorpora, rematado xa o prazo de toma de posesión.


Desde principios de 2024 un único pediatra atende aos máis de 2.000 nenos
nenas.


O esforzo do profesional é enorme pero tamén o seu desgaste e frustración. A
atención recibida polos usuarios é moi precaria e absolutamente insuficiente.


O pediatra actual, ademais, está próximo á xubilación (outono de 2024).
Ante o deterioro da atención pediátrica e a posible cronificación e agravamento
do problema, pais e nais recolleron sinaturas solicitando a axuda e
compromiso das forzas políticas representadas no Concello do Barco,
liderando a reivindicación dun servizo de calidade para a comarca.


Desde o Grupo Parlamentario Socialista esiximos ao Sergas unha solución á
espera de nais e pais para que os fillos e fillas sexan valorados por un
profesional da sanidade pública, así como solicitamos unha calidade asistencial
adecuada.


Por iso, faise preciso propoñer a adopción do seguinte acordo:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que garanta a calidade
asistencial no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras solucionando a falta
de cobertura das prazas de pediatra.