CONCELLO DO CARBALLIÑO
CONVOCATORIA DO CONCURSO PARA O ARRENDAMENTO DUN INMOBLE CON DESTINO Á CESIÓN Á ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO ASDIFICA
De conformidade coa Resolución de Alcaldía N.º 2024-0847, do 03/06/2024, por medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do concurso para o arrendamento dun ben inmoble, conforme aos seguintes datos:
1.Obxecto do concurso: arrendamento dun ben inmoble con destino á cesión á asociación sen ánimo de lucro ASDIFICA coas seguintes características:
Tamaño mínimo do ben inmoble: 170 m²
Localización: terán preferencia as seguintes zonas do Carballiño:
Zona_1:
Avenida 25 de Xullo
Rúa Francisco Castelló
Avenida do Balneario Rodríguez Soto e av. do Balneario)
Rúa Calvo Sotelo
Zona_2:
Avenida Julio Rodríguez Soto
Rúa Conde Vallellano
Rúa Carreira
Rúa Faustino Santalices
Rúa Monxardín
Rúa Curros Enríquez
Rúa Evaristo Vaamonde
Rúa Otero Pedrayo
Zona_3:
Resto de rúas
Fronte mínimo a vía pública: 10 metros lineais
Servicios mínimos que debe dispoñer o inmoble: baixo con accesibilidade, sen escaleiras, para permitir e facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida. Local con boa ventilación por tratarse dun colectivo vulnerable.
Renda máxima mensual: 450,00 € + IVA
Tipo de chan: urbano
Uso permitido: uso comercial ou social
Duración máxima do arrendamento: 8 anos (que contarán a partir da cesión efectiva do local á asociación ASDIFICA)
- O prazo para a presentación de ofertas será de vinte (20) días naturais, que contarán desde o
seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense do presente anuncio.
Modalidade de presentación: presencial
Lugar_1 de presentación: - Dependencia: Rexistro Xeral do Concello do Carballiño
- Domicilio: Praza Maior, 1
- Localidade e código postal: O Carballiño (32500)
- Dirección electrónica: licitacions@carballino.gal
Lugar_2 de presentación: - Dependencia: Oficinas de Correos
- O acto de apertura terá lugar no día e na hora comunicada previamente polo órgano de contratación
e publicada no taboleiro de anuncios de la sede electrónica municipal. - O prego de condicións atópase a disposición dos/as interesados/as e no taboleiro de anuncios
da sede electrónica do Concello do Carballiño: https://carballino.sedelectronica.gal/board