O Centro de Estudios Chamoso Lamas e o Concello do Carballiño presentaron o libro “AQUE VITAE. Homenaxe ao doutor Luis Rodríguez Míguez”, nunha edición promovida polo colectivo cultural carballiñés e editada polo concello do Carballiño.
Ao acto asistiron Mariluz Villar e Alejandra Rodríguez Villar, viúva e filla, respectivamente, do doutor Míguez, así como o alcalde, Francisco Fumega, e integrantes do Centro de Estudios Chamoso Lamas, ao que pertenceu.
Luis Rodríguez Míguez foi un referente do estudo e a posta en valor do termalismo galego e en especial do Carballiño. O libro conta con colaboracións sobre termalismo, arquitectura, natureza, controles das augas balnearias e outros aspectos. Tamén reproduce o primeiro pregón da Festa da Cachucha e se recupera a faceta literaria do doutor Míguez. Tamén se reproduce un extracto do discurso pronunciado por José Manuel Baltar na entrega da Medalla de Ouro da Provincia de Ourense a título póstumo. A publicación inclúe ademais obras dos artistas Zeta, Xesús Carballido e María José González e un amplo apartado fotográfico no que se incorporan desde imaxes dos balnearios do Carballiño a actos institucionais nos que participou o homenaxeado.