Luis Menor recibe no Pazo Provincial ao novo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao novo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, nunha visita de carácter institucional logo da súa recente toma de posesión.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luis Menor e Eladio Santos abordaron no encontro temas relacionados co reto demográfico e a transformación dixital, cuestións centrais, entre outras, que forman parte do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR), núcleo dos fondos de recuperación aprobados polo Consello Europeo para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia.