Avantar creará un novo galardón cultural e pola lingua no seu 50 aniversario

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A agrupación Cultural Avantar cumpre 50 anos. En 1974, un pequeno grupo de mozos cheos de inquedanzas botou a andar un proxecto co obxectivo de saber máis do mundo no que vivían. O Carballiño no final da ditadura franquista, ao igual que outras zonas, acolleu aires de protesta. Foron tempos, aseguran, de lecturas, reivindicacións, preguntas e descubrimentos culturais e idiomáticos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Disto pasaron 50 anos, polos que pasaron moitas persoas deixando a súa pegada. A asociación quere celebralo facendo unha gala, que será este sábado, ás 20:30 horas, no auditorio municipal Manuel María. O concelleiro de cultura animou a todos a asistir e puxo en valor o traballo feito pola agrupación.

A actriz Josi Lage conducirá a gala, que contará coa música de Isidro Vidal, Gabi Reboredo, Roberto Sobrado e Leo de Matamá. Contarán coas agrupacións culturais da vila que participarán con creacións de homenaxe e porán en marcha a entrega dun galardón Ernesto Atanasio “O Corcheiro”.