A IV Cata Sonora chega de novo ao Museo do Viño de Galicia.
Por carto ano consecutivo terá lugar no Museo do Viño de Galicia unha nova edición da “Cata Sonora”, un ciclo de concertos de moi diversos xéneros musicais
dende o blues ata a música clásica, e que contará con artistas tanto nacionais como da comunidade.
Compartirán o seu talento nun recinto incomparable e de gran beleza como o é a terraza exterior do museo.
É unha aposta pola boa música que non necesita ningún outro reclamo maís que o silencio do lugar e que só é interrumpido “unha soa vez”
pola sonoridade da campá da igrexa de Santo André de Camporredondo, parroquia onde pertenece o Museo do Viño.
Esta edición celebrarase durante os meses de xullo e agosto, e contará c@s seguintes artistas:
▃ Xoves 4 de xullo JAVIER BERGIA (MADRID).
▃ Xoves 18 de xullo CAROLINA RUBIROSA. (GALICIA)
▃ Xoves 8 de agosto GUZMAN + CÁNOVAS JR. (MADRID).
▃ Xoves 22 de agosto MONICA DE NUT. (GALICIA)
▃ Xoves 29 de agosto MARTÍN AGRA. (OURENSE)
O inicio dos concertos será ás 21:00h., con entrada libre ata completar o aforo.
Ao remate poderá degustarse unha copa de viño na zona Lounge.