Ribeiro en Común reclama que a Deputación lle pague ao Asilo de Ribadavia os 80 mil euros que lle debe do exercicio 2023.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Resulta paradóxico, e mesmo pouco ético, que a Deputación debendo este pago de 2023 enviara nota de prensa no mes de maio publicitando que en 2024 aportará 80 mil euros á Fundación Asilo, a cal recibe desde 2021 esa cifra anualmente.

Todo parece indicar que ese diñeiro a Deputación destinouno a nova pista do Pavillón.

En campaña electoral dixéronlle a todo o mundo, e moitos crérono, que cando gobernaran ían vir recursos e diñeiro de Xunta e Deputación a Ribadavia como nunca antes, a realidade neste ano está sendo moi distinta.

A semana pasada desde o noso grupo preguntábamos no Pleno pola razón de que no exercicio 2023 a Deputación de Ourense non lle ingresara os 80 mil euros que si lle asignou en 2021 e 2022, e que recentemente anunciaban a través dunha nota de prensa que de novo ingresaran esta cantidade en 2024.

A resposta da alcaldía foi que a Deputación tamén tivo que sufragar unha parte da obra da nova pista do Polideportivo, a outra foi da Xunta e Concello, e polo tanto en palabras do alcalde xa chegou ao límite do diñeiro destinado a Ribadavia pola Deputación.

Para Ribeiro en Común non hai escusa nin xustificación para retirarlle en 2023 dita asignación, a un centro xeriátrico que, aínda que de xestión a través dunha Fundación, é dos poucos públicos da provincia, e cuxa labor social é fundamental.

Esta semana presentamos por escrito a petición dirixida ao Alcalde para que desde a Deputación se lle dea o apoio económico e institucional á Residencia Xeriátrica de Ribadavia.

A nosa Residencia ten un enorme nivel de profesionalidade e responsabilidade, sendo un servizo público básico para a nosa sociedade. Pola contra, o goberno provincial que gasta inxentes cantidades de diñeiro en cousas que están moi lonxe de ser prioritarias na crise social, económica e sanitaria do contexto actual pos-Covid.

Así mesmo, para Ribeiro en Común tanto a Deputación, como tamén a Xunta de Galicia, institución que ten as competencias en materia de Residenciasdeben comprometerse no seu sustento e mellora.

Desde Ribeiro en Común levamos moi tempo reclamándo, e no anterior mandato logramos desde o goberno local que o Concello como Administración Pública financiara por vez primeira cunha partida propia en favor da Residencia de Ribadavia.