O PSOE de Leiro pide a retirada de varios pedruscos da estrada de Lamas

Os socialistas de Leiro rexistraron un escrito pedindo ó grupo de goberno a retirada inmediata polo perigo que supoñen unhas pedras de gran tamaño que se atopan na cuneta na entrada do pobo de Nogueira, pertencente á parroquia de Lamas, e que levan máis de 20 días, segundo a formación.

Publicidade

Unha vez máis, os socialistas afirman que se trata de “deixadez” por parte do goberno local, facendo referencia ó tempo que levan sen retirarse esas pedras. O seu portavoz, Manuel Rodríguez, destaca tamén o estado no que se atopa a estrada municipal de Lamas, afirmando que é “lamentable”.