O Carballiño rexistra oito contaxios novos, subindo ata os 89 casos activos

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 101 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 8 contaxios, ata os 89 casos activos. Maside baixa dos 8 ós 6 contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos. San Amaro sobe ós dous casos. Piñor e O Irixo manteñen un caso cada un, e Boborás, libre de covid, hoxe rexistra un caso.

No Ribeiro, Ribadavia mantén os 20 casos activos, Melón sobe un ata os 9 contaxios, Arnoia baixa ós 4 casos, igual ca Cenlle Carballeda de Avia sobe ós 5 casos, mesma cifra a que sobe hoxe Leiro. Avión, Beade e Cortegada contan con dous casos cada un e Castrelo de Miño conta cun caso.  

AVANTAR ACTIVIDADES

A comunidade galega rexistra hoxe 773 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 6.495, máis de 500 nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 32 (+2) están en UCI e 155 (+16) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 195 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 1.709 casos activos, 137 casos máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 51 (+4) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1)  na UCI.