A Deputación e a Xunta garantizan o seu compromiso conxunto de que o proxecto do regadío da Limia sairá adiante aínda que o Goberno Central non o asuma

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe en Santiago nunha reunión onde o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu á Comunidade de Regantes da Limia”Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade. Ese é o compromiso que hoxe adquirimos”, proclamou ao remate Menor, do mesmo xeito que a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, garantiu a plena colaboración da XuntaAmbas institucións reclamarán ao Goberno Central que execute os seus compromisos económicos, como pode ser asumir o IVE deste proxecto, “e se finalmente non ten esa vontade que sí tivo noutros lugares, Deputación e Xunta asumiremos ise custe para que poida saír adiante o proxecto”, recalcou o presidente provincial 

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2024.O despacho do presidente da Xunta acolleu esta mañá unha reunión na que participaron o titular do Goberno galego, Alfonso Rueda; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez; o alcalde de Xinzo, Amador Díaz; e representantes da Comunidade de Regantes da Limia, co seu presidente á cabeza, Amador Saborido.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao remate do encontro, que todos os participantes calificaron como positivo, o presidente provincial afirmou que o proxecto da modernización do regadío da Limia “é un proxecto estratéxico no ámbito rural para Galicia e sobre todo para a provincia de Ourense”.

Trátase dunha obra que, con todos os custes  aproxímase aos 50 millóns, investimento moi importante onde están implicados o Goberno Central e a Xunta,  e onde colabora a Deputación para aportar os recursos necesarios para culminala, o que dará lugar a 4.000 hectáreas de regadío nunha comarca senlleira e eminentemente agrícola.Menor relatou que había certas dificultades porque o Goberno Central négase a asumir certos costes como o IVE, “algo que xa fixo noutros lugares, e reclamarémolo.

Como non podemos poñer en perigo ese proxecto, damos a garantía de que a Xunta e a Deputación asumirán eses costes se finalmente o Goberno Central non os asume”, proclamou o presidente provincial. “Damos total seguridade a que este proxecto será unha realidade. Ese é o compromiso que hoxe adquirimos”.

Compromiso firme

Neste senso, a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, subscribiu as palabras de Menor e manifestou que o compromiso de Alfonso Rueda e da Xunta de Galicia é claro e notorio, “proba delo son as inversión que levamos feita case 7 millóns de euros para poñer en funcionamento 40 pozos de regadío, imprescindible para acometer a modernización do regadío da Limia”.

Así, a directora xeral recalcou que “por iso solicitamos ao Goberno Central que se comprometa. Se fan un esforzó e teñen vontade, poden asumir o IVE, así como facilitar trámites administrativos para poder ampliarse e chegar a máis puntos. A Xunta vai estar sempre ao carón dos regantes”.

Pola súa banda, o presidente da comunidade de regantes, Amador Saborido, sinalou que “esta viaxe a Santiago foi máis que satisfactorio”, lembrando que A Limia “é a comarca agrícola máis importante de Galicia, non debemos deixar pasar esta oportunidade. Sen o apoio da Xunta e a Deputación este proxecto poderíase tambalear. Esta obra suporá un antes e un despois para a nosa comarca agrícola”.